O Arenteiro, adiante na Copa Deputación ao vencer na Peroxa 1-3
Quen vexa o marcador e non vise o partido pudera pensar que foi fácil para o Arenteiro, nada máis lonxe da realidade. O equipo da 1ª autonómica vendeu cara a súa derrota e ata os últimos minutos de partido o Arenteiro non pudo resolver a eliminatoria.
Non obstante, o partido logo se puxo de cara para os carballiñeses que ainda nos primeiros compases da contenda se adiantaban no marcador ao cabecear Iglesias un centro de Cancelas. E pouco máis munha primeira parte na que A Peroxa xa avisou a balón parado enviando un balón á cruceta.
No segundo periodo e cando parecía que a calor e o suposto mellor físico do Arenteiro pasaría factura aos locais e daría ventaxa ao Arenteiro, chegou a reacción da Peroxa que tivo o seu premio mediada esta segunda parte nun trallazo dun xogador local desde o borde da área que se cola por toda a escadra da meta de Macía. O gol espoleou á Peroxa que ata tivo un par de aproximacións á portería do Arenteiro nas que incluso pudo dar a volta ao marcador. Igual que na primeira parte, os carballiñeses cometeron varios erros na defensa.
Apenas a cinco minutos do final e cando parecía que a eliminatoria se ía decidir por penaltis, chegou unha xogada personal de Prada que puxo un balón de ouro a David Soares e o dianteiro carballiñés resolvia con solvencia de tiro cruzado. Co 1-2 no marcador os xogadores locais reclamaron con insistencia un penalti na área do Arenteiro. Xa no tempo de desconto, Prada fixo o terceiro e derradeiro gol dos carballiñeses. Acaso demasiádo premio para o Arenteiro polo visto esta tarde.
C.D. Arenteiro: Macia, Tazos, Xurxo, Dabarca, Pana, Gabriel, Iago, Cancelas, Prada, David Soares e Iglesias. Na 2ª parte tamén xogaron Javi López, Bardelás e Carlos Escudero, que sustituiron a Cancelas, Gabriel e Dabarca.