O Arenteiro alcanza o maior éxito da súa historia. A afección verde foi maioritaria no Couto.

16, Abril 2023

Catro mil espectadores no estadio do Couto, a maioria do Arenteiro, gozaron dun ascenso histórico, nun partido que rematou 1-1 no marcador, suficiente para os intereses do equipo carballiñés. Outros moitos miles fixero a través da retransmisión da Televisión de Galicia, o equipo do Carballiño acada o seu maior éxito da historia, ascende á Primeira RFEF.

Un golazo tras unha xogada combinativa do Arenteiro culminada por Adrián Cruz adiantou aos verdes no minuto 17 de partido, xa no último suspiro da primeira parte empatou o Ourense. Na segunda metade xogouse ao rítmo do Arenteiro, que se encargou que non pasase máis nada ata o pitido final, porque co empate o Aenteiro é o campión do grupo prmeiro da Segunda RFEF e ascende de categoria.

Video resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-empata-no-couto-1-1-a-acada-o-historic...