O Arenteiro, apeado da copa polo Barbadás
Un solitario gol do ex-Arenteiro Martín no minuto 39 de partido apeou aos carballiñeses da copa Deputación. Durante a primeira parfte o Barbadás foi o equipo que dominou máis claramente o partido, aínda que tán só conseguia levar perigo ante a portería do Arenteiro a balón parado, nunha desas xogadas logrou o argentino o gol que daria a victoria aos azulóns, saque de esquina e Martin libre de marca dentro da área cabecea ao fondo da portería carballiñesa. Na segunda parte o partido equilibrouse e ambos equipos tiveron ocasións de facer gol, ainda que o marcador xa non se movería, nun partido no que o Arenteiro deu a cara ante un discreto Barbadás.