O Arenteiro, apeado da Copa RFEF na primeira eliminatoria
Primeiro partido oficial da tempada en Espiñedo correspondente á primeira eliminatoria da Copa Real Federación Española de Fútbol, da que o Arenteiro quedou eliminado tras empatar a un gol ao final dos 90 minutos e fallar na tanda de penaltis.
Comezou ben o partido para o Arenteiro que se adiantou cun golazo de Fajardo, tras executar maxistralmente unha falta, pero deixouse empatar cando apenas ía media hora de partido cun gol do ex-xogador do Arenteiro Cassio.
O marcador non se movería xa ata o final, aínda que os visitantes tiveron un par de boas ocasións, unha delas desbaratada nunha gran interveción do meta Rui Santos.
A final, na tanda de penaltis, o Arenteiro fallou os catro que lanzou, non fixo falta chegar ao quinto.
Agora, a seguir a preparación e pensando xa no inicio de liga, que será o próximo dia 25 en Espiñedo ante o Centro de Deportes Barco.