O Arenteiro arranca un punto no difícil campo do Porriño Industrial
Partido con alternativas en ámbas áreas e no que tanto Porriño Industrial como Arenteiro deixaron mostras de que se encontran entre os bos equipos da Preferente na actúal tempada futbolística.
No campo do Lourambal, con numerosos seguidores do Arenteiro, víuse un partido no que ámbos técnicos, Rubèn Sotelo e Manel Vázquez, evidenciaron o coñecemento que tiñan do equipo rival nos seus respectivos plantexamentos tácticos.
Aínda que comezou mellor o Porriño, logo avisaría o Arenteiro das súas intencións cun balón dende a banda dereita ao que por milímetros non chegaron con precisión os dianteiros verdes, o balón sería rexeitado a corner pola retagarda locataria.
No minuto 24 chegaría unha das xogadas claves da tarde, penalti de Pachi sobre o habilidoso dianteiro local Benja. A pena máxima é executada por Stefan, esquinada e a media altura, que rexeita o gardameta do Arenteiro nunha gran intervención.
O Arenteiro lograba adiantarse no minuto 32, outro balón dende a banda dereita que Dani Chimpin pon sobre a área local e Vilachá, entrando dende atrás, cabecea maxistralmente e bate ao porteiro Fernando. E asi, con ventaxa carballiñesa no marcador, chegouse ao descanso.
Na segunda metade, aos 6 minutos empataba Benja, o dianteiro máis perigoso do Porriño Industrial. E de aí ao final, o marcador xa non se alteraría.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Dafonte, Martín, Pana, Cuquejo, Bardelás (Iván Portos, m. 88), Arce, Dani Chiimpín (Alberto, m. 57), Vitti (Dani Vázquez, m. 67) e Carlos De Dios (Sanginés, m. 78).
Na foto, o golazo de Marcos Vilachá.