O Arenteiro asalta o Helmántico cun gol de Sylla, 0-1. Máis dun cento de afeccionados verdes acompañaron ao equipo en Salamanca.
O Arenteiro conseguíu unha histórica vitoria histórica no estadio Helmántico de Salamanca, xa que era a primeira vez nos 63 anos de historia do club carballiñés que visitaba o templo futbolístico salmantino, fixoo acompañado por máis dun cento de seguidores verdes que gozaron que non cesaron de animar durante os 90 minutos e ao final festexaron co equipo 3 puntos de ouro.
A primeira parte resultou igualada, sen apenas ocasións, un partido con ritmo lento que desesperaba á afección local, que vía como o seu equipo era incapaz de crear perigo ante a portería de Diego.
Na segunda metade, o partido xa se xogou a outro ritmo, cunha marcha máis. O Salamanca introdocíu cámbios no seu once e comezou a aproximarse con certo perigo á area do Arenteiro,os locais deron un paso adiante, pero o Arenteiro non se quedou atrás e tamén o deu, o partido abríuse e xeráronse ocasións claras de gol en ambas porterías. Raúl e Uxío gozaron de dúas boas oportunidades para marcar. Cando máis apretaba o Salamanca e o Arenteiro parecía decidirse a asegurar o empate, xa con Sylla e Marquitos sobre o terreo de xogo, chegou o gol da vitoria, tras un balón que filtrou Marquitos e no que Sylla gañou o man a man co meta local.
Tras o mazazo na grada e no campo para os locais, o Salamanca volcouse enviando balón sobre a área carballiñesa, pero o marcador xa non se movería, a pesar de que Marquitos tivo unha ocasión moi clara para marcar o segundo, pero precipitouse e o seu remate saíu moi alto.
SALAMANCA CF: Javi Benítez, Luis Martínez (Diego Benito, min 46), Kristian, Arencibia, Álex Menéndez, Gustavo, Amaro (Amaro, min 67), Liam, Manu Moreno (Iban Ribeiro, min 46), Mikel Bueno (Raúl Uche, min 65) e Juancho (Gonzaga, min 78).
CD ARENTEIRO: Diego García, Eimil, Germán, Pol Bueso, Joseca, Álex Fernández, Renan, Adrián Cruz (Cassio, min 80), Raúl Blanco (Marquitos, min 75), Pibe (Portela, min 80) e Uxío (Sylla, min 72).
GOL: 0-1, min 81: Sylla.
ÁRBITRO: García Padilla (Comité madrileño). Amonestou con cartón amarelo a Manu Moreno e Diego Benito; Diego García e Marquitos, no Arenteiro.
Vídeo da G2 co gol de Sylla: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-asalta-o-helmantico-0-1-