O Arenteiro cae goleado en Taboadela, 3-0.
Domingo para esquecer do Arenteiro en Taboadela, onde os locais foron mellores durante os 90 minutos ante un Arenteiro que en ningún momento logrou meterse no partido, quizás o esforzo do pasado mércores ante o Barbadás ou acaso que tampouco este equipo está aínda suficientemente rodado, o certo é que, tras irse con empate sen goles ao descanso, na segunda parte a U.P. Taboadela foi moi superior e cada vez que chegaba á portería de Samuel creaba perigo, tapouco é que chegase moitas veces, en realidade chegou catro veces e marcou tres goles.
Non necesitou a U.P. Taboadela facer máis para derrotar a un pobre Arenteiro, con enormes fisuras en defensa e sen o máis mínimo control do xogo no centro do campo. Se ben durante a primeira parte ambos comxuntos repartironse as ocasións de gol, na reanudación, nos primeiros 10 minutos o Taboadela sentenciou o partido con dous goles nun breve intervalo de tempo. Por se todo esto fora pouco, Alén tiña que retirarse do campo lesionado e Iglesias era expulsado por cartón vermello, antes xa vira o amarelo, ao enfrontarse a un xogador da U.P. Taboadela despóis de recibir un pisotón, o árbitro nin tan xiquera amonestou ao futbolista local e mandou a Iglesias ao vestiario, tras esa mesma xogada tamèn expulsou ao adestrador Dacosta por protestarlle a decisión.
Mal partido do Arenteiro ante un Taboadela que, polo visto atá agora entre os equipos que se enfrontaron ao Arenteiro, está chamado a estar no grupo de arriba. O Arenteiro, ou ofrece outra imaxe moi distinta ou terá dificultades para optar o ascenso, que é a única meta que se lle supón nesta liga. Trala derrota en Taboadela, os carballiñeses perden o liderato en favor do Covadonga, que será precisamente o próximo visitante en Espiñedo o vindeiro domingo.
RESULTADOS DA 7ª XORNADA
Maside CF | 1 - 5 | Ponte Ourense SAD | |
AT Villarino | 1 - 0 | UD Barbadas B | |
CD Velle | 1 - 4 | CD Allariz | |
SD Nogueira Ramuin | 1 - 2 | CF Monterrey | |
A Peroxa CF | 4 - 1 | CF Cortegada | |
CD Ramiranes | 2 - 1 | Poligono San Ciprian | |
SD Valenza | 2 - 0 | CD Maceda | |
AD Covadonga | 1 - 0 | SD Melias | |
UP Taboadela | 3 - 0 | CD Arenteiro |