O Arenteiro choca coa solidez defensiva do At. Barbantes, 0-0.
Os verdes suman, con esta, 23 xornadas de liga sen perder, aínda que desta vez desperdiciaron dous puntos no partido xogado esta tarde no campo da Regueiriña, que rexistrou a mellor entrada da tempada, con numerosos afeccionados do Arenteiro.
C.D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Oscar, Diego López, Dabarca, Álex ( Omar, m. 83), M. Sotelo ( Canexón, m. 66 ), Martín, Quiroga, Bardelás ( Manu m.52 ) e Prada ( Tomás, m. 83 )
At. Barbantes: Samuel, Roki, César, Diego Viñas, Chino, Rubén, Mellado, Bomi, Alén, Toni e Bulicas. Tamén xogaron Miguel, Bruno, Pablo e Fredi.
O Partido: O Arenteiro foi o dominador absoluto do partido pero non soupo resolver nos metros finais onde chocou unha e outra vez coa solidez defensiva do equipo local que, sobre todo a partir de quedarse con 10 tras a expulsión de Rubén por doble amarela no m. 34, concedeu o mando do partido ao Arenteiro, un mando que non lle servíu de moito porque os carballiñeses non tiveron a súa tarde, polo que o reparto de puntos pode considerarse xusto. A nota maís negativa para o Arenteiro foi a lesión de Bardelás, que tivo que retirarse do partido tras unha desproporcionada entrada do local Diego Viñas.