O Arenteiro comezará a liga de Segunda RFEF ante o Arousa en Vilagarcia, no segundo partido recibirá en Espiñedo aos asturianos do Langreo
O sorteo do calendario para o campionato de liga do grupo 1 da Segunda RFEF deparou unha cousa ben curiosa, o Arenteiro comezará a competición no mesmo escenario onde o fixo a tempada pasada, na Lomba de Vilagarcica ante o Arousa, será o domingo dia 5 de Setembro.
O primeiro rival en Espiñedo será o equipo asturiano da UP Langreo o domingo 12 de Setembro, despóis viaxará a Xixón para enfrontarse ao Ceares e rematará o mes de Setembro recibindo en Espiñedo a un dos galos da categoria, o Salamanca CF
O primeiro domingo de Outubro o Arenteiro terá o desplazamento máis curto da tempada, será a Pasarón, onde agardará outro dos favoritos para o ascenso, o Pontevedra CF. No segundo domingo de Outubro chegará a Espiñedo o Compostela, para enfrontarse seguidamente a dous equipos madrileños, ao Móstoles en Madrid e ao Leganés B en Espiñedo, para completar o mes visitando ao Bergantiños.
Novembro iniciaráse con dous partidos consecutivos en Espiñedo, primeiro ante o Palencia Cristo Atlético e despóis ante o Marino de Luanco. O desprazamento a Oviedo, para xogar co LLanera e de novo en Espiñedo para recibir á Segoviana.
Xa no mes de decembro outro desprazamento de proximidade para xogar no Vao co Coruxo, despóis chegará a Espiñedo o equipo madrileño da Unión Adarve e xa para despedir o ano antes do parón do nadal, o Arenteiro volverá a Madrid para enfrontarse desta vez co Navalcarnero.
Xa no primeiro partido de 2022 e derradeiro da primeira volta do campionato, o domingo 9 de Xaneiro, o Real Avilés será o visitante dos verdes en Espiñedo.