O Arenteiro completa unha brillante primeira fase da competición sumando outros 3 puntos de ouro
Por 3-1 venceu en Espiñedo ao Ribadumia, nun partido no que os do Salnés purxeronse por diante no marcador e obrigaron ao Arenteiro a remontar, desta maneira o equipo dirixido por Fran Justo accede á fase polo ascenso directo como campión do grupo 1B con 47 puntos en 22 partidos, dos que gañou 13, empatou 8 e perdeu tan so 1.
No partido desta tarde os verdes encontráronse cun bo Ribadumia que, ademáis encontrouse coa fortuna en forma de gol materializado polo seu veterano dianteiro Hugo Soto cando ía un cuarto de hora de partido. Tocaba remontada, que comezou a fraguarse cun centro medido de Alex Fernández ao segundo pau, e alí, de certeiro testarazo Javi Pazos cruzou o balón inalcanzable para o gardameta visitante, chega o empate no minuto 42, e apenas 3 despóis chegou a fantasía da tarde en Espiñedo: Victor Eimil recolle un balón en campo propio, regatea aos rivais que lle saen ao paso e dende o vértice da área grande lanza un misil que se cola por toda a escadra. Para enmarcar.
A segunda parte comezou co Arenteiro decidido a sentenciar pola vía rápida, e tras unha boa tringulación, o gardameta do Ribadumia rexeitou apuradamente o remate de Presas, pero ao rexeite chegou Renan para facer o terceiro gol local da tarde. Despois, o Arenteiro gozou de varias ocasión para ampliar a diferencia no marcador, que xa non se movería, mesmo o Ribadumia tamén tivo dúas boas ocasións para vovler meterse no partido pero encontrouse cun moi seguro Diego García. A nota negativa da tarde foi a lesión de Cissé, que tivo que retirarse do terreo de xogo lesionado.
Agora, os verdes quedan pendientes do sorteo que se celebrará este lúns dia 29 na sede da RFGF, para esta fase polo ascenso directo no que o Arenteiro xogará a doble volta con Bergantiños, Lugo B e Somozas, os clasificados do grupo 1A. O primeiro partido será xa o próximo domingo.
Par ver a ficah do partido sigue a ligazón. http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...