O Arenteiro, con fútbol de alta escola, e un gol do debutante Christian Santos tumba á Cultural Leonesa

10, Febreiro 2024

O equipo de León, un dos cocos da categoria e que leva en postos de promoción de ascenso desde as primeiras xornadas, foi superado de principio a fin por un Arenteiro que maravillou á súa parroquia en Espiñedo, un equipo que entende o xogo do fútbol a través do balón e que a estas alturas do campionato é a gran revelación da 1ª RFEF.

Desde o minuto un, o Arenteiro saíu con decisión e criterio ao partido, comezou unha e outra vez a crear superioridades por banda e comezaron a chegar as claras oportunidades de gol ante a portería leonesa, cunha defensa que non sabía como achicar augas nesta vendaval de fútbol do Arenteiro que aínda asi foise ao descanso sen poder marcar, inexplicable.

Parecía dificil que os verdes poidesen manter o ritmo na segunda parte, pero os que asi pensaban no descanso equivocáronse. O Arenteiro seguíu xerando fútbol e ocasións, mentres que os leoneses apenas foron capaces de crear unha ocasión de gol en todo o partido. E por fin, o fútbol foi xusto co Arenteiro, cando o debutante Cristian Santos aproveitou un córner para conectar un expléndido cabezazo que se colou no fondo da portería visitante.

Vídeo resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=fYcNyuz-8jI&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

A cronica do partido na prensa de León:

https://www.leonoticias.com/deportes/cultural/pesadilla-cultural-arentei...