O Arenteiro consigue un empate na súa visita a Gondomar, 1-1.
A praga de lesións que afecta ao equipo, unida aos dous sancionados para este partido, obrigou ao Arenteiro a viaxar en cadro ao campo do terceiro clasificado, con 4 xuvenís para completar a convocatoria e o gardameta Pachi, que debutou como xogador de campo. Pero elo non foi impedimento, cousas do fútbol, para que os verdes realizasen unha soberbia primeira parte, sen dúbida a mellor do campionato, con unha, dúas, tres...e ata catro boas ocasións de gol, un balón ao pau da portería do Gondomar, e dúas sensacionais intervencións do meta local que evitaron que o Arenteiro deixara sentenciado o partido nesta primeira parte, na que Vitti acertou a adiantar aos verdes ao batir de tiro raso e cruzado ao porteiro local, xa no minuto 41.
A segunda parte comezou igual que a primeira, o Arenteiro sendo amo e señor do partido, cun Gondomar que era incapaz de xerar perigo ante a portería de Israel, pero cando parecía que era cuestión de minutos que chegase o segundo gol carballiñés, producese unha decisión arbitral que resultou clave no partido: no minuto 67 a expulsión de Maxi ao ver o segundo cartón amarelo, nunha xogada que chega precedida dunhas claras mans dun xogador local que o árbitro coruñés Diego Lago non quere ver. E non so eso, porque o colexiado non mide por igual raseiro aos dous equipos e castiga aos xogadores do Arenteiro ata con 9 cartóns amarelos, evidentemente condicionando o partido.
Con superioridade numérica no campo, o Gondomar, sabedor do que se xogaba, empurra e consigue o empate no minuto 75 por medio do pichichi da categoria, o dianteiro Aitor Gómez. O Arenteiro rearmase na retagarda e aguanta o resultado ata o final.
CD Arenteiro: Pachi, Dafonte, Maxi, Victor Gallego, Pana, Bardelás, Dani Chimpín, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Esteban. Tamén xogaron os xuvenís Iván Portos, Rivera, Cristian, Mario e como xogador de campo, Pachi.