O Arenteiro consuma a remontada en Abegondo, con goles de Joni e Albertito, e tráese os tres puntos para O Carballiño
O Arenteiro, que xogaba por vez primeira na súa historia no campo principal da cidade deportiva de Abegondo, impúxose ao Fabril grazas a unha gran segunda parte na que os verdes foron superiores ao filial deportivista.
Adiantaronse os locais no minuto 40 e co 1-0 chegouse ao descanso, nunha primeira parte na que o Arenteiro aguantou ben a pesar de encaixar o gol.
Na segunda parte o Arenteiro fíxose definitivametne co partido e foi mellor en todas as liñas que o seu rival, o gol do empate conseguido por Joni facía xustiza ao que estaba verse sobre o campo.
Pero o mellor aínda estaba por chegar, e chegaría xa cando o partido ía camiño do final, no minuto 86 Albertito consumaba a remontada, e con ela tres puntazos que sitúan ao Arenteiro no posto 10º da clasificación con 29 puntos.
No partido, entrou na segunda parte, debutou o dianteiro Javi Pazos, que chegou esta semana ao equipo procedente do Pontevedra CF. Quen aínda non pudo entrar na convocatoria foi a outra fichaxe, Fran Monroy, pendente do transfer internacional.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...