O Arenteiro-At. de Madrid a partir das 21:00 horas en "Movistar+liga de campeones", un partido para presumir do Carballiño: Forza Arenteiro !
O orgullo de ser do Arenteiro, de ser do Carballiño, a nosa identidade de pobo representada no noso equuipo, no da nosa xente, neste Club Deportivo Arenteiro do que hoxe é todo O Carballiño, diferencias ideolóxicas ou doutra índole aparte, como tamén do Arenteiro é toda a nosa comarca, e hoxe -ademáis- o equipo que estará apoiando toda a España fútbolistica, todos oa afeccionados ao fútbol -agás os do Alético de Madrid- van hoxe do Arenteiro, no "David contra Goliat" desta histórica noite para O Carballiño.
Algo máis de 3.000 persoas -delas 200 seguidores do club madrileño- poderán vivilo en vivo no estadio de Espiñedo. O resto, pola televisión, a través da retransimisión en directo que a partir das 21:00 ofrecerá "Movistar+Liga de Campeones".
As portas do estadio abriránse con bastante antelación, para vivir e disfrutar da gran festa que se vivirá vendo a estrelas futbolísticas de primeiro nivel mundial no Carballiño, ás 18:45 horas abriránse os controis de acceso a Espiñedo. 90 efectivos integran o operativo de seguridade, entre Policia Local, Garda Civil e Seguridade Privada contratada polo Club.
Todo preparado para vivir outra noite máxica no templo fútbolístico carballiñés onde hoxe se vai escribir unha das páxinas máis relevantes da súa historia, xa case esquecimos que fai apenas un mes neste mesmo escenario o Arenteiro xa fixo historia eliminando desta Copa do Rei a outro equipo da primeira división, o Almería. Sexa cal quexa o resultado esta noite, o Arenteiro e O Carballiño este partido xa o gañaron.