O Arenteiro desperdicia a ventaxa no marcador e acaba empatando en Valladares, 2-2.
O Arenteiro acabou empatando un partido que tivo controlado dende o inicio, tanto no desenvolvemento do xogo como no marcador, pero sabido é o que recorda o tópico, no fútbol o que perdoa, acabao pagando, e esto é o que lle sucedeu aos verdes na súa visita ao campo da Gándara de Valladares, en Vigo.
Tras adiantarse cun golazo de Dani Vázquez xa na primeira parte, tras o descanso o Arenteiro pudo sentenciar en inmellorables ocasións nas botas de Marcos Castro e Victor Gallego, pero primeiro un defensor baixo paus e despois unha estelar intervención do meta local impediron os goles carballiñeses.
Despois empatou o Valladares, volveu cobrar ventaxa o Arenteiro con gol de Vitti, e cando parecía que o partido non se lle escaparía aos verdes, chegou o empate definitivo a dous tantos nos últimos minutos do encontro, eso si, nunha xogada precedida dunha falta sobre Vitti que o árbitro non quixo ver. Ao final, un punto que sabe a pouco tal como se desenvoveu o partido.
CD Arenteiro: Israel, Gele, Maxi, Arbo, Ocampo, Dafonte, Bardelás. Victor Gallego, Marcos Castro, Marc e Dani Vázquez. Tamén xogaron Marcos Sotelo, Viiti, Lois e Vilachá.
Con este resultado, o Arenteiro sitúase cuarto na clasificación, igualado a 18 puntos co terceiro clasificado, o Céltiga CF, precisamente o próximo visitante en Espiñedo o vindeiro domingo 1 de Novembro. Para este partido o Arenteiro non poderá contar con Dafonte, que cumplirá ciclo de amonestacións.