O Arenteiro domina, pero a Cultural Leonesa lévase o premio

31, Agosto 2024

Os verdes dominaron na maior parte do encontro pero non foron quen de culminar a faena na área do equipo leonés,que cun solitario gol levouse os 3 puntos, acaso excesivo premio para o visto nos 95 minutos de partido.

Saíu mellor de inicio o Arenteiro, con varias chegadas á area visitante, os locais dominaban e á Cultural víaselle moi incómoda sobre o terreo de xogo, pero todo se torceu aos 21 m. nunha falta que sacou o exarenteirista, Pibe, e cabeceou totalmente libre de marca outro exarenteirista, Antón Escobar. O gol desconcertou ao Arenteiro que xa non foi o mesmo ata o final desta primeira parte, aínda así tivo unha das mellores ocasións para o empate nun balón que se lle escapou ao gardameta leonés, que non soubos aproveitar os verdes.

Na segunda parte, o Arenteiro saíu decidido a cambiar a súa sorte, e pasou a inclinar o xogo sobre a portería visitante, mesmo acorralando á Cultural en varias fases deste segundo periodo, pero faltou acerto na área para polo menos empatar o partido.

Bo ambiente en Espiñedo na tarde deste sábado 31 de agosto para recibir na segunda xoranda de competición na primeira Federación á histórica Cultural Leonesa, que chegou a O Carballiño acompañada cun numeroso grupo de afeccionados, que festexaron o triunfo do seu equipo. Pola sua parte, a afección do Arenteiro recoñeceu a actitude e esforzo dos seus e despedíronos entre aplausos. De momento, as sensacións son moito mellores que os resultados.

Video co resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=0CxqFCGmRWE

Ficha do partido:

https://www.resultados-futbol.com/partido/Arenteiro/Cultural-Deportiva-L...