O Arenteiro, fallón en defensa, sucumbe ante o líder Barco
Os valdeorreses aproveitaronse dos fallos defensivos dos verdes para levarse de forma inobxetable os tres puntos do Estadio de Espiñedo, que rexistrou un extraordinario ambiente, completandose o aforo do graderío, arredor de mil afeccionados. Os do Barco, lider destacado da categoria, regresaron sabedores de que a terceira división está cada xornada máis preto, mentres que os do Arenteiro, resignados, ao ver como se rompía unha racha de 9 partidos consecutivos sen perder.
C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, D. López (M. Sotelo, m. 61), Escudero, Pana, Dafonte, M.Pérez, Sanginés, Choco (Ocampo, m. 61), Manu (Bardelás, m.70) e V. Gallego (Brais, m.70).
Goles:
0-1. Minuto19. Rodri aproveita un erro da retaguardia do Arenteiro, Marcos Nieto despexa en primeira instancia pero o rexeite vaille a cabeza do dianteiro barquense que adianta ao seu equipo.
0-2.Minuto 23. Segundo fallo defensivo do Arenteiro e outra vez Rodri, como Perico por su casa, entra na área local e fai o segundo.
1-2. Minuto 33. O mellor gol da tarde, centro medido de Sanginés sobre a área e expléndido cabezazo de Manu.
1-3: Minuto 58. Outra vez Rodri, ante a pasividade do porteiro e a defensa do Arenterio.
1-4. Minuto 81. Penalti cometido por Ocampo que transforma Javier Recaman.
O Partido: Os erros de bulto na parte de atrás dos verdes facilitaron a victoria do Barco, que non necesitaron facer un gran partido, para levarse os tres puntos. O Arenteiro logrou meterse no partido co gol de Manu, aínda con moito tempo por diante, pero á volta de vestiarios, os valdeorreses sairon mellor e na segunda parte impuxeron unha superiordiade no terreo de xogo que non foron capaces de lograr nunha primeira parte moi nivelada.