O Arenteiro gaña ao Antela e mantén intactas as posibilidades de ascenso a preferente

4, Maio 2014

Un gol de Bardelás no minuto dous decidiu o partido a favor do Arenteiro que, con este resultado, sigue dependendo de sí mesmo para dar o salto á preferente, a falta de dous partidos para rematar a competición. Os verdes deberán gañar ambos partidos para asegurar o ascenso sen depender doutros resultados, o vindeiro domingo en Monterrei e na última xornada en Espiñedo ante o Allariz.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, D. López, Lois, Óscar, Victor Gallego, Breogán, Alex, Martín, Bardelás e Prada. Tamén xogaron Caneiro, M.Sotelo, Quiroga e Manu.

Goles:

1-0. Minuto 2. Centro de Prada, Martín fai de pantalla e arrastra ao marcador de Bardelás, que resolve dunha perfecta volea.

O Partido: O exiguo marcador mantivo vivo ao Antela ata o final, nun partido que o árbitro ourensano Garrote, prolongou en exceso e sen motivo ata o minuto 102, foi moi protestado pola afección local durante todo o partido e expulsou ao adestrador local M. López e ao preparador físico, Borja. Xa antes do descanso os carballiñeses tiveron varias ocasións para poñer o marcador en franquicia, aínda que o Antela tamén tivo as súas, a máis clara un tiro ao pau de Samuel. Na segunda parte, o Arenteiro incrementou o dominio sobre a área visitante, pero a falta de definición dos dianteiros verdes mantivo o suspense ata o final.