O Arenteiro, incapaz, ante o Celta Fortuna, que se leva os 3 puntos de Espiñedo

O Arenteiro sufríu a súa segunda derrota consecutiva en Espiñedo neste aciago mes de marzo no que primeiro a Ponferradina e agora tamén o Celta Fortuna, levaronse un botín de seis puntos do templo verde.
Como na maioria dos partidos, o Arenteiro saíu mellor que o seu rival, transmitindo boas sensacións que pouco duraron porque, apenas con 4 minutos de xogo a lesión de Tarsi Aguado foi un duro golpe para los verdes, que perderon a un dos seus xogadores importantes, e vai se o notaron, porque o Celta logo se fixo co mando do partido e conseguía inaugurar o marcador aos 21 minutos, un 0-1 co que xa se chegou ao descanso.
Nada máis reaundarse o partido, o Celta Fortuna, facendo honra ao seu nome, con enorme fortuna nun rexeite de Jordan que impactou nun futbolista celtiña facía o 0-2. Aínda con moito tempo por diante, no m. 68 Martín Solar cabeceou o 1-2 que esperanza verde de remontada, pero de ahí ao final foi un querer e non poder dun Arenteiro con máis corazón que ideas.
Ademáis de perder a Tarsi Aguado, que víu a quinta amarela cando xa estaba no banco, o Arenteiro tamén perderá para o partido do próximo sábado en León ao gardameta Diego García, ao ser expulsado neste partido de hoxe con vermella directa.
VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=Gj5fx0Cpnp8
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/03/31/arenteiro-atasc...