O Arenteiro, máis líder, gaña no campo do Bergantiños e amplia a vantaxe sobre os seus perseguidores
Xornada redonda para os verdes, que sumaron outros 3 puntos, esta vez na súa visita a Carballo, xa que perderon tanto o Guijuelo co que o Arenteiro xa consigue un colchón de 8 puntos, e o Compostela que ocupa a terceira posición e que se distancia a 9 puntos dun Arenteiro que xa suma 42.
O Arenteiro púxose por diante con dous zarpazos seguidos, nos minutos 24 e 26 do partido. O primeiro gol de Marquitos, que marcou de cabeza tras recibir unha gran asistencia de Joseca, e o segundo de Escobar aproveitandose dunha perda de balón dos locais. O Bergantiños logrou recortar distancias nesta primeira parte, xusto antes de que un apagón deixara as escuras o campo das Eiroas durante quince minutos.
Tras pasar por vestiarios co 1-2 no marcador, o Arenteiro volveu golpear tras volver aproveitarse outra vez Escobar doutra falla de entendemento entre a defensa e o porteiro local. O Bergantiños consiguíu volver meterse no partido co 2-3, e aínda con máis de media hora de xogo por diante, pero o Arenteiro soubo manter a vantaxe e lograr unha importantísima victoria.
Vídeo do partido na G2: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-gana-un-accidentado-derbi-das-eiroas-2-3-