O Arenteiro mereceu mellor sorte na súa visita a Carballo nun partido cun final non apto para cardiacos
O Arenteiro enfrontouse a un efectivo Bergantiños, que non foi mellor, pero que transformou en gol as súas ocasións, dúas delas en concesións defensivas dos verdes e a outra un regalo en forma de penalti que lles fixo aos de Carballo o colexiado Gonzálo Villanueva.
Púxoselle costa arriba pronto o partido ao Arenteiro, porque aos 10 minutos o Bergan adiántase no marcador, e co 1-0 chegaríase ao descanso tras unha primeira parte na que os verdes foron merecedores de algo máis antes de irse a vestiarios no estadio das Eiroas, que completou o aforo autorizado, 260 persoas nas gradas.
Aos 5 minutos da reanudación un penalti sobre Ger servíu para que Renan, infalible dende os 11 metros, empatase o partido. Pero tan so 8 minuto despóis non se sabe o que pudo pasarlle pola cabeza ao árbitro do encontro Gonzalo Villanueva que ante sorpresa de propios e extraños pitou penalti na área do Arenteiro despóis de que o dianteiro local Yelco estragase unha boa ocasión de gol,Remeseiro tampouco fallou a pena máxima e volveu adiantar ao Bergan. Aínda máis en contra se puxo o partido para o Arenteiro cando no minuto 76 quédase en inferioridade ao ver cartón vermello Cissé por unha falta cometida sendo o último defensor, e pior no minuto 80 cando Jorge Cano cabecea a placer o 3-1.
Pero aínda asi, o Arenteiro non se rendíu e no minuto 88 Sylla poñía o 3-2 cun testarazo aproveitando un centro de Joni, e xa co tempo cumplido pudo o propio Joni empatar o partido pero o balón petou no poste da portería e saíu fora, mentres o público das Eiroas pedía o final do partido. Con este resultado o Arenteiro quédase segundo a 1 punto do agora líder Bergantiños, que terá que visitar Espiñedo no derradeiro partido da competición. Antes outras dúas transcendentais citas para o Arenteiro, a primeira o próximo domingo ás 5 da tarde fronte á UD Somozas, e depois ao Anxo Carro para medirse ao Polvorín-Lugo B.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...