O Arenteiro non pudo cantar "Gol en Las Gaunas" no partido das ocasións perdidas ante un Logroñés de máxima efectividade.

24, Febreiro 2024

O Arenteiro non pudo cantar o mítico "gol en Las Gaunas" de tantas históricas tardes do fútbol no estadio rioxano, ata onde se achegaron un bo puñado de afeccionados verdes nun partido marcado polas ocasións de gol perdidas polos verdes.

A máis clara de todas elas, ao inicio da segunda parte xa co 1-0 no marcador, Cardero errou a portería baleira tras xogarlle unha mala pasada o bote do balón enviou o balón ás nubes ante os atónitos seguidores do Arenteiro que tan claro o viron que xa estaban en pe cantando o fallido gol. Mentres o Arenteiro non tivo a noite para culminar con éxito as súas oportunidades, o Logronés marcou o solitario gol do partido nun dos dous tiros que tivo entre os tres paus da portería de novo defendida por Diego García durante os 95 minutos de partido. Pero así é o futbol, gaña quen acerta ante a portería rival, e desta vez o Arenteiro non o fixo.

Cronica do partido no dixital nuevecuatrouno:

https://nuevecuatrouno.com/2024/02/24/deportes-golazo-ferni-victoria-sdl...