O Arenteiro obtén o doctorado honoris causa en Santiago con tres golazos de fútbol de alta escola ante un impotente Compostela

2, Abril 2023

Triunfo histórico do Arenteiro no Vero Boquete de San Lazaro por 1-3, que levou o éxtasis aos milleiros de afeccionados do equipo verde, tanto entre os desprazados ata Santiago como os que seguiron o partido a través da retransmisión da Televisión de Galicia.

O Arenteiro foi moi superior ao Compostela, e eso que os anfitrións adiantáronse aos 4 minutos aproveitando un lio entre a defensa verde. Foi o único erro do Arenteiro en todo o partido e dahí naceu o único gol local no partido, porque moi pronto o Arenteiro comezou a carburar e tras un xogadón de Jordan chegou o empate cunha gran definición de Escobar.

A partir do empate o Arenteiro seguíu controlando o partido como quixo ante un Compostela que era incapaz de xerar unha soa xogada de perigo ante Diego García, tan so xa co 1-2 no marcador foi quen o Compos de levar un "uuyy" ao graderío. Pola contra, o Arenteiro cada vez que se aproximaba á area local faciao con sensación de perigo, desplegando o seu futbol-control e por momentos con destellos de gran calidade, como nos dous goles que marcaron a sentencia definitiva, o segundo tras unha xogada de fútbol de salón na área do Compostela que culminou de novo o bigoleador Escobar, e o terceiro cunha gran gran galopada de Joseca, marca habitual da casa, que lle diu o balón a Germán Nóvoa para que éste marcase a placer. E o delirio na afección do Arenteiro, sabedora de que o mellor aínda está por chegar, xa falta menos.

Video resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-gana-en-santiago-e-queda-as-portas-do-...