O Arenteiro perde a oportunidade de engancharse ó ascenso ó perder de penalti en Portonovo (1-0)
Dúas penas máximas decidiron o signo do partido, unha en cada área. A primeira cando se xogaba o minuto 35 da primeira parte, man dun defensor do Arenteiro que aprobeitaba o Portonovo para adiantarse no marcador, tras transformar o penalti, raso e pola parte dereita da portería de Iván, que a punto estivo de tocar balón. A segunda vez que o árbitro sinalaba os once metros era a favor do Arenteiro, por un claro derrubo a Nicol, pero Martín fallou, ou mellor dito, se se quere, o porteiro portonovense acertou a desviar o tiro de Martiín, moi axustado ó pau dereito pero tamèn moi flouxo. Corría o minuto 17 do segundo periodo, e foi a xogada clave que pudo cambear o rumbo do partido, xa que aínda quedaba media hora de partido e o Arenteiro non o estaba facendo mal desde a reanudación. O Arenteiro ofreceu dúas caras moi distintas neste partido, durante a primeira parte de xogo gris e co equipo moi metido atrás, se ben salvo o penalti, o Portonovo non creou ocasións claras de gol. E unha segunda cara, na segunda parte, máis ambicioso e mellor asentado no terreo de xogo do campo de Baltar. Despois de fallar o penalti, os carballiñeses viñeronse outra vez abaixo por varios minutos, o que propiciou as oportunidades do Portonovo, mentres que o último cuarto de hora o Arenteiro recuperou o equilibrio perdido no centro do campo e volveu intentar ír polo partido, pero xa foi un querer e non poder.