O Arenteiro proclámase campión de terceira division por vez primeira nos seus 63 anos de historia tras unha tempada na que pulverizou os seus mellores rexistros deportivos
Unha tempada involvidable que o Arenteiro despedíu cunha nova victoria (1-0) ante o Bergantiños, proclamándose por vez primeira vez campión da terceira división, e logrando a triple coroa: título de campión absoluto, ascenso á segunda RFEF e clasificandose para xogar a Copa do Rei na próxima tempada.
O equipo dirixido por Fran Justo pulveriza todos os rexistros na historia do club carballiñés, consegue o campionato de terceira con 5 puntos de ventaxe sobre o Bergantiños, antes xa se proclamara campión no subgrupo do sur, faino ademáis conseguindo 62 puntos en 28 partidos, coa segunda puntuación máis alta entre os 18 grupos de terceira división, perdendo tan so dous partidos e sendo o equipo menos goleado da categoría. Por vez primeira nos 63 anos na historia do club é o equipo con mellor clasificación deportiva da provincia de Ourense. Na fase de ascenso gañou 5 dos 6 partidos.
No encontro que baixa o telón a unha tempada excelsa, derrotou ao subcampeón Bergantiños cun gol de Renan Zanelli ao transformar unha falta máxima cometida sobre Eimil, xa na segunda parte, suficiente para derrotar aos de Carballo. Os verdes volveron facer un gran partido en defensa, anulando todo o arsenal ofensivo do Bergantiños, que apenas dispuxo de ocasións durante os 90 minutos, ocasións -por partida doble- que si as tivo o Arenteiro xa na primeira parte.
Final a unha tempada para enmarcar, que os afeccionados do Arenteiro tardarán moitos anos en esquecer. O campión foi ovacionado pola parroquia verde ao final do partido en Espiñedo, e pola noite estaba previsto que todo o equipo fose agasallado cunha "pulpada" por parte da Asociación de Pulpeiros do Carballiño-Arcos.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...