O Arenteiro, que empatou en Calabagueiros, clasificado matemáticamente para disputar o ascenso a Segunda-b, a falta de 3 partidos para concluír a primeira fase
A falta de 9 puntos en xogo para completar a primeira fase do campionato de liga en terceira división, o Arenteiro consigue a clasificación matemática para o grupo de equipos que na segunda fase loitarán polo ascenso de categoria á Segunda-b, un fito na historia do club que non se vive dende fai 28 anos.
No partido desta en Calabagueiros, os verdes tiveron que xogar ante o Barco en inferioridade de xogadores no campo a última media hora de partido pola expusión de Naveira, que víu doble cartón amarelo. O Arenteiro entrou mellor no partido que os locais, aínda que ata o minuto 30 non logrou adiantarse no marcador. Foi nun fallo defensivo do equipo de Valdeorras cometido sobre Rubén Arce que encargouse de transformar Renan Zanelli.
Tras o paso por vestiarios, o Arenteiro volveu levar perigo ante a portería local e controlou ben o partido ata que no minuto 62 chegou a xogada clave coa expulsión de Naveira. O Barco foise con toda a súa artillería ofensiva sobre a portería de Diego García, pero so foi capaz de marcar nunha xogada a balón parado, nun corner que non acertou a defender o Arenteiro.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...