O Arenteiro, que por dúas veces adiantóuse no marcador, tutea ao Celta B no municipal de Barreiro
Sensacional imaxe a dada por este novo Arenteiro no municipal de Barreiro en Vigo, ante o Celta B, en partido en horario matinal xogado este mércores no histórico estadio do barrio de Lavadores, por dúas veces os verdes estiveron por diante no marcador con dous goles de Joni, ao final empate a dous tantos.
Primeira parte equilibrada, aínda que por dúas veces o Arenteiro logrou adiantarse no marcador, con dous goles no primeiro cuarto de hora, dous golazos do ribeirán Joni, o primeiro cunha volea dende unhos 30 metros que sorprendeu ao gardameta internacional costarricense do Celta B, Sequeira Mejias, que tampouco pudo facer nada no segundo gol do Arenteiro, tamén obra de Joni, que cabeceou un balón á escadra da portería celtiña. Solís e Raúl fixeron os goles do equipo vigués. Na segunda parte apretou o Celta, pero igual que ante o Compostela, o Arenteiro aguantou ben e apenas pasou por apuros.
Enorme partido do Arenteiro de Fran Justo, que en todo momento tuteou ao Celta B, e mesmo dispuxo de dúas boas ocasións para gañar o partido, nun libre directo que lanzou Alex Fernández e que rexeitou con apuros o gardameta local, que tamén se lucíu especialmente nun remate de cabeza de Naveira cunha incríble parada evitando o gol do xogador verde.