O Arenteiro recibe ao Mondariz F.C. ás 6 da tarde do domingo

31, Agosto 2012

No Arenteiro será baixa o dianteiro David Soares, ao que o árbitro ensinou a segunda amarela unha vez rematado o partido de Sanxenxo, o que conleva un partido de sanción. Non obstante, Dacosta xa poderá contar con Marcos Sotelo e Cristian.

Enfronte, e neste debút ligueiro en Espiñedo estará o Mondariz, unha das revelacións do campionato o ano pasado, e que por vez primeira se presentará no campo de Espiñedo. Os carballiñeses esperan acadar os 3 pirimeiros puntos tras as boas sensacións da segunda parte do partido de Sanxenxo.

MEMORIAL FUSI

Este fin de semana xógase a 3ª edición do Memorial Fusi, co que se homenaxea a Faustino José Pérez Sanmartín, o que fora xogador do Arenteiro e monitor da Escola Municipal de Fútbol, falecido fai unhos anos en accidente de tráfico.

Pavillón Ourense - Barbadás, e Arenteiro - Lalín, xogarán as semifinais o sábado 1 de setembro no campo da Uceira. A gran final será o domingo ás 12 do mediodia no campo de Espiñedo, con entrada gratuíta.

O Memorial Fusi está organizado pola Área de Deportes do Concello do Carballiño.