O Arenteiro recibe este domingo ao Gondomar C.F. en Espiñedo
Desde as catro e media da tarde deste domingo 15 de Febreiro o Arenteiro terá enfronte a un duro rival que chega a Espiñedo como o sexto clasificado, o Gondomar C.F.
Para este encontro os carballiñeses teñen as baixas dos sancionados Pachi, Dafonte e D. Quiroga, o primeiro expulsado o pasado domingo no partido ante o Valadares, e os outros dous cumplindo ciclo de 5 amarelas. Regresará á convocatoria, recuperado dunha lesión, Ocampo.