O Arenteiro recupera o sorriso tras gañar ao Celtiga, 2-1.

21, Xaneiro 2018

Os verdes volveron encontrar o camiño do gol e superaron desta maneira a vaga de resultados negativos das últimas xornadas, conseguindo tres importantes puntos para recuperar a tranquilidade, e ademáis, ante un rival directo como o Céltiga ao que tamén gaña o coeficiente particular.

A primeira parte resultou igualada, cunha ocasión de gol para ambos equipos, a do Céltiga foise ao pau e a do Arenteiro resolveuna de cabeza Carlos de Dios aproveitando un centro de Rubén Arce, no minuto 38, e asi chegou o descanso.

Nada máis comezar o segundo tempo empatou o equipo arousano. Falta ao borde da área grande e Adirán Camiño lanza un trallazo que describe unha parábola perfecta que se cola na portería de Pachi.

Malia o mazazo do empate, o Arenteiro soubo repoñerse e e ata por dúas veces as magníficas intervencións do gardameta do Céltiga Manu Taboas impedíron que os verdes marcasen, ata que no minuto 64 un córner lanzado por Dani Chimpín foi aproveitado maxistralmente por Igor Sevivas para conectar un cabezazo que desta vez fixo inútil a estirada do porteiro visitante.

No tramo final do partido o Céltiga foise a polo empate e consegíu meter o medo no corpo á afección do Arenteiro, xa que os verdes -á contra- tiveron un par de boas aproximacións, pero non souberon culminalas nos metros finais, pola que a incertidume no marcador mantívose ata o pitido final do árbitro.

Podes ver a ficha do partido no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...