O Arenteiro recupera a senda da vitoria en Espiñedo

15, Febreiro 2025

Espiñedo volveu ver outro triunfo do Arenteiro en Primeira RFEF, desta vez ante un correoso Tarazona, o equipo aragonés vendeu cara a súa derrota, que parecía clara no minuto 90 cando o Arenteiro gañaba por un claro 2-0, pero o desconto foi de infarto.

Tras un primeiro tempo igualado e moi trabado e sen ocasións de gol, o Arenteiro deu un paso adiante nunha segunda parte na que Baselga abríu o marcador cun balón que lle caeu coma un caramelo dentro da área nunha xogada de córner, e todo parecía sentenciado cando no m. 89 unha das últimas fichaxes dos verdes, Jaume Cuellar facía o 2-0 dun tiro raso axustado ao pau.

Pero xa en tempo engadido, no m. 93 Fuentes dun gran testarazo recortou para o Tarazona, e aínda terían unha boa ocasión os aragoneses para empatar na última xogada do partido.

Agora, a pensar xa no próximo mércores, ás 17 horas, cando se xogará o partido que fora adiado entre Arenteiro e Barakaldo.

Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=kRNPXGE2Kqg

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/02/16/arenteiro-reivi...