O Arenteiro regresa de baleiro tras a súa visita a Vigo
Coruxo e Arenteiro xogaron un partido intenso e con resultado incerto ata o último suspiro, no que valeu un solitario gol dos vigueses logrado cando apenas ían 7 minutos de xogo sobre o campo de Fragoselo na matinal dominical.
Tralo temperán gol dos locais, tivemos unha primeira parte na que o Arenteiro dominou máis pero as mellores ocasións para volver marcar foron para o Coruxo. Un inspirado Diego García, o mellor hoxe do Arenteiro, mantivo aos verdes (hoxe de negro) no partido.
Mesmo guión na segunda parte ata chegar ao úlitmo cuarto cando co triple cámbio ordenado por Fran Justo o Arenteiro foise descaradamente polo empate, que non chegou a pesar de dúas magníficas ocasións para conseguílo. Ao final, un triunfo que da aire ao Coruxo e mantén ao Arenteiro necesitado de vitorias para sair das dificultades clasificatorias na que se encontra na actualidade na Segunda RFEF.
Coruxo: Alberto, Antón de Vicente, Lucas Puime, Pablo Crespo, Manu, Gandoy, Jacobo Trigo (Diego, min 56), Mateo, Garci (Aarón, min 77), Chiqui (Martín, min 77) e Silva.
Arenteiro: Diego García, Ger, Portela (Marquitos, min 85), Álex Fernández, Joni, Renan, Sylla (Raúl Castro, min 67), Adrián Cruz (Adri Castro, min 67), Naveira (Joseca, min 67), Eimil e Vitra.
Goles: 1-0, min 7: Chiqui.
Árbitro: Miguel Ferrol Muñiz (comité galego). Amonestou a Silva (min 44), Eimil (min 45), Jacobo TRigo (min 45), Ger (min 56), Pablo Crespo (min 73), Borja Domingo (min 88) e Lucas (min 91)