O Arenteiro sucumbe no campo do Amorebieta vasco
A falta de cinco minutos para completar a primeira parte seguramente polo pensamento de ningún afeccinado do Arenteiro pasaba pola cabeza que os verdes sairían derrotados con tanta contundencia na súa visita ao campo do Amorebieta.
Ata ese momento, no que os vascos conseguiron adiantarse no marcador, o Arenteiro estaba controlando sen ningún problema o partido e mesmo tivo unha boa ocasión de gol nun remate de Pascu que sacou a corner o meta local nunha gran intervención. Na segunda parte o Arenteiro volveu entrar ben no partido, pero dous goles do dianteiro Selma en apenas cinco minutos, os que foron do 63 ao 68, deixaron o partido visto para sentencia.
O Arenteiro, que se presentou neste partido con tan so 3 xogadores de campo no banquiño, entre baixas e saídas no mercado de inverno, agarda agora recompoñer o plantel e preparar xa o que será segundo desplazamento consecutivo ao País Vasco, e para xogar o próximo domingo en Lezama ante o Bilbao Atlectic.
Video resumen do partido: