O Arenteiro suma méritos para continuar outro ano en terceira división gañando ao Arousa, 2-1
Partido clave para ambos equipos o xogado na tarde deste pasado sábado en Espiñedo, que volveu rexistrar unha gran entrada con 1000 afeccionados no graderio, e no que os verdes apuntalaron as súas posibilidades de conseguir o obxetivo de seguir outro ano máis en terceira división.
Partido vital para ambos, para o Arousa porque a derrota fai que perda o tren da promoción de ascenso, para o Arenteiro porque coa victoria da un paso moi importante para lograr a permanencia nunha categoria tan complicada e igualada como é a terceira división.
Eso si, un 2-1 ante o Arousa con moito sufrimento, con final de infarto en Espiñedo.
Ao descanso chegouse con ventaxa do Arenteiro tras un gol en propia porta dos arousanos, e despois de que todas as ocasións nesta primeira parte fosen para os verdes, que non materializaron, evitando asi irse a vestiarios cun marcador máis amplo.
Fajardo, con suspense, marcou o segundo gol local ao lanzar un penalti que en primeira instancia rexeitou o meta Manu Taboas, pero non pudo facer nada no posterior golpeo do xogador vilagarcián do Arenteiro.
E cando parecía que iamos ter un final tranquilo, no minuto 86, o Arousa recortou o marcador, tamén de penalti. E dahí ao final, o consabido sufrimento, con gol anulado aos visitantes no minuto 90.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459764