O Arenteiro suma un punto na súa visita á Illa de Aorusa
Empate sen goles entre Cétiga e Arenteiro no partido correspondente á 29ª xornada do campionato de liga na terceira división xogado nunha tarde con tempo veraniego no coqueto campo do Salvador Otero da Ila de Arousa.
O partido tivo unha parte para cada equipo. No primeiro periodo o Arenteiro foi o claro dominador sobre o rectángulo de xogo, sobre todo nos primeiros 25 minutos marcando un ritmo moi alto e embotellando ao locais na súa área, pero sen fortuna para poder abrir o marcador.
Tiveron varias aproximacións moi perigosas os verdes sobre a portería do Céltiga, onde o seu porteiro Marcos Bermúdez tivo que empregarse a fondo para evitar o gol dos carballiñeses, despexando un tiro a media altura de Fajardo e sobre todo, facendo o paradón da tarde cando tras un centro medido de HUgo Sarmantín cabeceou ben Pol, pero o meta local conseguíu desviar o balón, que petou no pau da portería, cando se cantaba o gol por parte dos numerosos afeccionados do Arenteiro desplazados a Illa de Arousa.
Na segunda parte, saíu mellor o Céltiga, que dispuxo tamén dun par de ocasións, pero fallo na definición. No último cuarto o partido nivelouse e ata pudo o Arenteiro marcar nun pase sobre o punto de penalti de Rubio que sacou un defensa in extremis cando Hugo Sanmartín estaba coa caña preparada.
Para ver a ficha do partido segue o seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459717
Crónica do partido no Diario de Arousa:
https://www.diariodearousa.com/articulo/deportes/empate-apenas-ocasiones/20190324221031237652.html