O Arenteiro supera ao Silva en Espiñedo, 2-0
Os verdes derrotaron aos coruñeses con dous goles logrados nun intervalo de apenas sete minutos ao inicio da segunda parte do partido correspondente á novena xornada do campionato nacional de liga de terceira división xogado no municipal de Espiñedo.
Na primeira parte non houbo goles, pero sí claras ocasións, como as que tiveron Joni e Wadir para o Arenteiro, mentres que o Silva tan so foi capaz de facélo a balón parado, cun tiro libre que se foi fora por moi pouco cando no banquiño visitante xa cantaran o gol.
O partido decidíuse nos primeiros compases da segunda parte, nos minutos 48 e 55 chegaron os dous goles do Arenteiro. O primeiro nun balón de ouro que puxo Adrián Pol aos pes de Joni, que desta vez cruzou ben ante a saída do meta visitante. O segundo foi obra do defensa Iago, que se encontrou cun balón solto e a porta vacia rematou ao fondo da rede.
O Silva, con moi poucos recursos ofensivos polo visto esta tarde, apenas inquietou a meta de Rui. Mentres, o Arenteiro foi superior durante practicamente todas as fases dun encontro no que o equipo estivo a un bo nivel de grupo, sobresaíndo o soberbio partido de Javi Rei e a presenza de Wadir, moi activo durante toda a tarde.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614740&cod_acta=614740