O Arenteiro vence 2-1 ao Lugo B grazas a unha boa primeira parte
Os verdes enfrontábanse na xornada 28 da competición de liga na tercveira división a un dos mellores equipos da segunda volta, e a pesar de sair derrotado o filial do Lugo foi un dos consxuntos que mellor xogou ao fútbol de todos cantos pasaron este ano por Espiñedo, por eso a victoria do Arenteiro cobra aínda máis valor.
Un triunfo fraguado sobre todo na primeira parte do Arenteiro, que tivo a fortuna de marcar o primeiro gol da tarde no minuto 1 de partido, cando tras unha asistencia de cabeza de Adil, o balón foi aos pes de Rober e éste enganchou un dereitazo que se colou pola escadra da portería visitante. Maxistral.
Tras unha bonita combinación do ataque verde pola banda esquerda que conseguiu culminar Adrián Pol chegou o 2-0, que deu tranquilidade ao equipo e tamén na grada.
A segunda parte xa foi outra historia. O Lugo traballou arreo para meterse no partido, aínda que non o conseguíu ata o minuto 76 por medio do seu goleador Antón Escobar, seguíu apretando, pero foi non obstante neste tramo final do partido cando ao contragolpe pudo sentenciar o partido o Arenteiro, con dúas xogadas nas que Sanmartín e Iván Rubio tiveron sendas ocasións.
Xa no tempo de desconto chegou a xogada polémica do partido, que ata ese momento era de total correción. Un xogador do Lugo, sen posibilade algunha de xogar o balón, simula unha agresión de Maxi -inexistente- e o árbitro coruñés Rodrigo García pica e expulsa con vermella directa ao defensa do Arenteiro. Para completar o despropósito sinala fora de banda a favor do Lugo cando era ao contrario, tiña que haber sacado o Arenteiro.
Para ver a ficha do partido segue o seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...