O Arenteiro vence en Palencia, e xa agarda ao San Mateo canario este mércores 12 en Espiñedo para meterse na Copa do Rei
A este Arenteiro dalle igual que tivese que xogar 5 partidos en apenas 15 dias, e que as lesións deixen ao equipo mermado, da igual, este Arenteiro acumula xa 11 partidos oficiais entre liga e copa e aínda non coñece a derrota.
Nesta sexta xornada do campionato de liga na Segunda RFEF, no estadio da Balastera ante o Palencia, o Arenteiro volveu facer un gran partido facendose acreedor da victoria, como asi recoñece a prensa local. Agora a pensar no transcendental partido deste mércores dia 12 ás 18:00 horas en Espiñedo ante o equipo canario Panadería Pulido San Mateo, transcendental por dous motivos, porque o Arenteiro colaríase nas semifinais da Copa Federación e ademáis, gañaríase o dereito a xogar Copa do Rei cun equipo de Primeira División, ao que recibiría en Espiñedo.
Crónica do partido no Diario Palentino: https://www.diariopalentino.es/Noticia/Z6D9667ED-EA7E-C087-E35EB339EB11E...
Video-resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/un-penalti-transformado-por-alex-manten-a-serie-vi...