O Arenteiro vence á SD Nogueira de Ramuín e continúa líder outra xornada máis
O Arenteiro continúa outra xornada máis, e con ésta van xa sete consecutivas, como líder da Preferente Galicia tras vencer á SD Nogueira por dous goles a cero no Estadio de Espiñedo, que rexistrou outra gran entrada no graderío, con máis de 700 espectadores.
Comezou ben o Arenteiro, que levaba o control do partido dende o inicio, precisamente aínda nos primeiros compases o árbitro deixou sen sinalar un clarísimo penalti na área visitante, despois daría un recital de tarxetas sin ton nin son, sin criterio nin rigor, nun partido xogado con deportividade por ambos bandos sobre un terreo de xogo moi resbaladizo.
Aos 37 minutos internada pola súa banda de Saúl que envia un balón sobre a portería do Nogueira que Varandela tan so ten que empurrar para adiantar aos verdes. E asi chegamos ao descanso.
Na segunda parte, saíu algo máis incisivo o equipo visitante, pero sen moita convicción, ata que chegou no minuto 72 unha acción persoal de Rubén Arce que culminou con unha gran definición final, logrando o 2-0. Xa no último cuarto pudo o Arenteiro ampliar a diferencia pero o marcador xa non se movería.
CD Arenteiro: Israel, Pol, Vilachá, Dafonte, Saúl, Cuquejo, Bardelás, Dani Chimpin, Rubèn Arce, Varandela e Alberto. Tamén xogaron Dani Vázquez, Carlos de Dios, Vitti e Iván Portos.