O Arenteiro volve aos adestramentos coa vista posta no partido ante o Choco
Superada a cuarentena pola que pasou a totalidade do plantel debido ao foco de coronvarirus detectado o dia 7 de Xaneiro, unha parte do equipo regresou aos adestramentos diarios no campo da Uceira, de momento tan so o fixeron 12 futbolistas, á espera de que no transcurso da semana poidan incorporarse o resto.
Asi as cousas, todo parece indicar que a RFGF fixará para este próximo domingo o partido correspondente á 14ª xornada de liga na terceira división que debe enfrontar a Arenteiro e Choco. Con esta posibilidade traballa xa o corpo técnico comandado por Fran Justo.