O Arenteiro xogará ante o Compostela a final galega da Copa Federación, no campo de Baltar de Portonovo o sábado 27 de agosto
O Arenteiro xogará por vez primeira na súa historia a final da fase galega da Copa Federación, será o sábado 27 de agosto ás 20:00 horas no campo de Baltar, en Portonovo, onde terá como rival ao outro finalista, a S.D. Compostela, que igual que os carballiñeses militan na Segunda RFEF.
O Arenteiro chega a esta final tras superar as eliminatorias ante Ràpido de Bouzas e Estradense. Se chegase a proclamarse campíon da fase galega, o Arenteiro pasaría a desputar a fase nacional da Copa RFEF, no caso de ser semifinalista desta competición, accedería á Copa do Rei, onde tería como rival a un equipo de primeira división. Para elo sería preciso que o Arenteiro superase tres eliminatorias dentro da fase nacional.