O Arenteiro xogará a promoción de ascenso á 3ª división ante o Estudiantil
Os verdes estiveron preto do ascenso directo, pero finalmente non pudo ser. Por vez primeira en moitos anos na liga de Preferente os 76 puntos que alcanzou o Arenteiro -a mellor puntuación histórica do club nas 34 participacións nesta categoria- non foron desta vez sufientes, o Ourense CF fixo 77 puntos e lévase o premio, mentres que o Arenteiro deberá agardar á promoción ante o terceiro clasificado do grupo norte, a Agrupación Estudiantil.
Espiñedo volveu rexistrar unha entrada de gala, como practicamente toda a tempada, cunha afección que posta en pe despedíu cunha ovación ao equipo verde.
O partido ante o Portonovo transcurríu en Espiñedo moi pendientes do que pasaba no Couto, e tal como ía a tarde o ascenso estivo preto, toda vez que o ourensanos tiveron que agardar á recta final do partido para darlle a volta ao marcador ante o Gondomar.
Asi e todo, o equipo verde cumplíu e ata en tres ocasións tivo que remontar este partido ante o Portonovo, que se adiantaba co 0-1 aos 3 minutos. Moi pronto empatou Arbo de cabeza á saída dun córner. Xa coa primeira parte avanzada -minuto 38- volvían adiantarse os portonovenses co 1-2, e en apenas tres minutos Vitti facía 0 2-2. Pero neste final de locura da primeira parte, volvía golpear o Portonovo antes do descanso.
Por terceira vez tocaba remontar e lográbase. Carlos de Dios empata no minuto 50 e no 57 outra vez Arbo volvía, tamén de cabeza, tamén á saída dun córner poñer o 4-3 definitivo no marcador.
CD Arenterio: Pachi, Vilachá, Padrón, Martín, Pana, D. Arbo, Bardelás, Chimpin, Arce, Vitti e Carlos de Dios. Tamén xogaron Alberto, Cuquejo, Dafonte e Varandela.