O Asilo do Carballiño celebra durante esta semana o seu 120 aniversario cun variado programa de actividades
No patio exterior da entrada principal podemos ver a exposición "O Asilo en tempos de pandemia", unha escolma fotográfica que mostra distintas esceas cotiáns por parte de residentes e persoal do centro durante o último ano e medio que levamos de pandemia do coronavirus.
Este mércores 15 de Setembro tivo lugar o acto central de celebración deste 120 aniversario da gran obra dos irmáns Prieto Pereira, a apertura do Asilo do Carballiño, que 120 anos despóis xestiona a Fundación que leva o nome dos filántropos carballiñeses, un xeriátrico que acolle hoxendía a 105 residentes. Celebrouse unha misa solemne na capela do Asilo e presentouse o documental "Cando o fogar é sentimento" con intervención de varios dos residentes, e no marco dunha xornada na que houbo un aperitivo especial nas propias instalacións da residencia.
As actividades continúan no resto da semana, o xoves 16 en horario matinal desenvolveránse as "Olimpiadas Irmáns Prieto", unha xornada de divertimento e deporte, e ás 18 horas o Orfeón do Carballiño ofrecerá un concerto. Xa finalmente, o venres 17 coincidiendo coa festividade do patrón do Carballiño serviráse un xantar especial e actuará a Banda de Gaitas.
No arquivo do programa local de COPE O Carballiño, correspondente ao dia 15 de Setembro de 2021, podes escoitar a entrevista con Nuria Iglesias, actúal directora do Asilo-Residencia dos Irmáns Prieto.