O Auditorio acolle este venres dia 19 unha xornada de prevención das adiccións na adolescencia, organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño
Serán en horario de tarde, de 16:30 a 19:00 horas deste venres dia 19 de Novembro no Auditorio do Carballiño, e os destinatarios desta xornada son nais, pais, membros das ANPAS, asi como profesionais tanto da educación como da prevención e a saúde, e tamén poñer en valor o traballo que se está a facer en materia de prevención na comarca do Carballiño.
A iniciativa está promovida polo servizo de prevención de conductas adictivas da Mancomunidade de Concellos do Carballiño e o Concello do Carballiño, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela,
Están programadas dúas conferencias, a primeira de prevención integral e comunitaria, qué podemos aprender do modelo inslandés? que terá como ponente a Patricia Ros García, representante para España do modelo islandés de prevención.
A segunda conferencia leva por título "adolescentes e adiccións con e sen substancia: qué pasa en España e qué pasa na comarca do Carballiño", o ponente será o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Rial Boubeta.