O barrio de Flores recupera a Feira-Festa da Pepa Loba, que estará este ano dedicada ás menciñeiras e os curandeiros, os dias 9,10 e 11 de setembro.
Péchase a parentese da pandemia e o barrio de Flores recupera a Feira Festa da Pepa Loba, que regresa coa súa 26 edición os dias 9, 10 e 11 de setembro, co mercado tradicional de artesanía e arte, e un diverso programa con actividades de animación os 3 dias,
O programa comeza o venres 9 ás 6 da tarde coa apertura da feira, exposición e venda de mercadorías. A mesma hora, xogos populares a cargo do Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo da Deputación de Ourense.
Ás 8 da tarde, na Eira de Flores, será a homenaxe ás menciñeiras e curandeiros, e a medianoite na Fonte de Flores, faráse o conxuro, queimada `popular e ofrecemento da auga máxica de Flores.
O Sábado 10, ás 12 do mediodia será a apertura da feira e demostración en vivo de vellos oficios. A mesma hora, Os Serandeiros comezarán a animar o dia coa súa música tradicional e iniciaráse ao lado da fonte a lectura continuada de "La Juventud de Pepa Loba" de Aurelio Miras Azor.
Ás 5 da tarde, Obradoiro de Estampación Creativa para nenos e maiores, e as 7 da tarde será un dos momentos culminantes da Feira-Festa coa Baixada de Pepa Loba e a súa gavilla, unha representación parateatral a cargo do grupo Dar Trela. Dende as 8 da tarde en adiante, continuarán as actividades, e comezarán a escoitarse o cantar do Cego na feira.
O domingo 11, tras a apertura da feira ás 12 do mediodia, iniciaráse o Obradoiro de Oleiros "Alén das Olas", na fonte do concello, que terá continuidade durante toda a xornada. Ás 12:30 horas volverá amenizar o barrio a música dos Serandeiros e celebraráse o Campionato de Chave na Eira. Este mesmo dia terá lugar o tradicional xantar popular desta Feira-Festa da Pepa Loba, que se clausurará ao caer a noite do domingo.