O BNG califica de "bochornoso espectáculo" o debate entre socialistas e populares sobre a política de contratación laboral
O Bloque Nacionalista Galego considera que "os continuos reproches entre unhos e outros non solucionan para nada os problemas da cidadanía do Carballiño".
Entenden dende o BNG --en relación ao despedimento de 4 traballadores do concello, que orixinou o debate- que se trata "dun paso máis do Partido Popular nas políticas privatizadoreas e converendo os servizos sociais nun negocio, igual que a sanidade ou o ensino". Esixenlle ao alcalde do Carballiño "que exerza como tal e deixe de ser un mero brazo executor das políticas clientelares do presidente da Deputación".
Dende o Bloque Nacionalista Galego do Carballiño fan un chamamento tanto a Partido Popular como a Partido Socialista "para sentar unhas bases consensuadas coas forzas sindicais conforme aos principios de igualdade, capacidade e mérito para a contratación do persoal que ofreza as maiores garantía de transparencia á cidadanía", aínda que tamén apostila que o BNG "é moi escéptico o respecto de que tanto a Partido Socialista como a Partido Popular lle interese a transparencia nas políticas de contratación do persoal".