O BNG congratúlase do acordo do concello de Leiro para incrementar a aportación anual á Entidade Local Menor de Berán, e os socialistas afirman que é consecuencia da "pinza PP-BNG"

30, Decembro 2020

O BNG felicítase do acordo de incremento da subvención do concello de Leiro á Entidade Local Menor de Berán, aprobado polo pleno da corporación municipal despóis dunha proposta do concelleiro nacionalista. Os socialistas critican as formas e mesmo falan de "pinza" entre PP e BNG no concello de Leiro. Reproducimos íntegros os comunicados de prensa de ambos.

COMUNICADO DE PRENSA DO BNG

Despois de ser aprobada en pleno municipal a proposta do BNG de incrementar a subvención que a ELM de Berán vai recibir en 2021, o concello pasará de destinar 4.000€ a 7.000€ anuais a esta institución. Este incremento vese motivado en compensación polo IBI que o concello está cobrando polos bens inmóbeis da ELM (cifrados nun valor de 2.400€ anuais). Na moción presentada polos nacionalistas tamén se recolle un punto que, baseándose nos informes técnicos da Deputación de Ourense, así como da Secretaría-Intervención municipal, exixe ao grupo de goberno a seguir traballando para que, coa maior brevidade posíbel se bonifiquen os inmóbeis da ELM de Berán, dadas as súas especiais características económicas, sociais e culturais.

Desde o BNG sabemos que hai diferentes inversións que a ELM hoxe en día non está podendo execu-tar, entre outros motivos, por sentirse afogada económicamente e, desde o concello débese axudar a que esta institución, case centenaria sobreviva. Entendemos que é un orgullo para Leiro contar coa única ELM da provincia de Ourense e é a nosa obriga traballar para mantela nos anos.

COMUNICADO DE PRENSA DO PSdeG-PSOOE

O PSdeG-PSOE de Leiro critica a pinza formada a estás alturas por BNG e Partido Popular, a cal non e a primeira vez e cun único obxectivo, “invadir” as competencias dun organismo autónomo como é a Entidad Menor de Beran. Os socialistas acusan a populares e nacionalistas de “tratar de solapar” as funcions a entidad menor. Os socialistas abstiveronse na votación da moción do BNG, porque non entendemos como se pode pisotear e pasar por encima da independencia de outra administración co único pretexto de ser protagonista non sei de que con un obxetivo claro do redito político e non polo ben do interés xeral, en todos los aspectos e que contou co inestimable apoio dos populares, que utilizan o bng de leiro “como conejillo de indias” e na que pedían incrementar a cantidade orzamentaria anual que recibe na actualidade a ELM de Beran, dos 4.000€ a 7.000€ coa suposta intención de “compensar o IBI”. Cousa que pasou no anterior mandato no que houbo un Presidente Socialista e tamen se subirón 3000€ e non se solaparon os intereses e a independencia da Entidad, esa e a gran diferencia de que estea no goberno un socialista e agora o Partido popular coa axuda neste caso do BNG de Leiro.

O voceiro socialista en Leiro considera que “sendo como e a entidad un organismo independente, debe ser ela a que faga as peticions pertinentes para exención do IBI, ou para unha bonificación ou axuda económica e non un membro da Corporación de Leiro neste caso o Portavoz do BNG coa apoio do Alcalde do PP, que para quedar ben ante o seu electorado fai “un brindis o sol” traiga este tipo de mocions, xunto co PP que quere remediar o seu entortó o non querer apoiar a proposta de desenrolo económico como e o paso do camino xacobeo e aforcan toda a posibilidade de autonomía económica para a Entidad.

O que si temos claro os socialistas e o reflexamos no Pleno que nos nos congratulamos coa subida económica, pero o que non pode ser xa que o imposto do IBI e estatal e o concello de Leiro e un mero recaudador do mesmo, que recibe unha compensación e que aplica unas tablas dos tantos por cen de mais a menos, pero esto mismo o pode facer a propia Entidad que e “pedir ou solicitar a sua exención, porque pola contra e estar solapando as suas funcions, e os membros da corporación non estamos lexitimados para actuar no seu, como si fixeron tanto o BNG e PP nesta moción” Tamen o noso portavoz municipal lle manifestou o Portavoz do BNG que quedara sobre a mesa e non se aprobara dita moción ata que a propia Entidad solicitara tanto a exención, bonificación ou axuda económica, cousa que rexeitou o representante do BNG.