O BNG de Cea tivo, con 3 concelleiros electos, o mellor resultado para a formación nacionalista na comarca, cunha única concelleira no Carballiño e sen conseguir representación no resto dos concellos.
O Bloque Nacionalista Galego incrementou a súa representación no concello de San Cristovo de Cea neste 28-M, terá 3 concelleiros na próxima corporación que se constituirá o 17 de xuño, 1 concelleiro máis dos que ten no mandato que agora remata, e que arrebatou ao Partido Popular, que aínda asi gozará dunha ampla maioria con 8 concelleiros. O BNG será o único grupo na oposición aos populares de José Luis Valladares.
O nº 1 da candidatura do BNG de Cea, Manuel Pérez, agradecía en COPE O Carballiño este incremento no apoio electoral, que se sitúou no 24,19% dos votos escrutados este pasado domingo no municipio "é un mérito dos compañeiros e compañeiras que formamos o BNG en Cea e que vimos defendendo que é necesario outra política para frear a decadencia que vive o concello de Cea, unha idea que calou nunha parte do electorado, aínda que non é suficiente, pero estamos satisfeitos do que esto supón nun concello coma o noso", dixo.
Dos catro cargos electos do BNG na comarca , tres están no concello de Cea, son Manuel Pérez, Elvira Fernández e Rubén González, os que hai que sumar a concelleira carballiñesa Sofía García. No resto da comarca o BNG tivo unhos malos resultados, non alcanzando representación nos concellos nos que presentaba, os de Piñor, Punxín, Beariz e Maside. Nos de San Amaro, O Irixo e Boborás nin tan xiquera chegou a presentar candidatura.