O BNG de Leiro pide que se investigue "a mortandade de peixes no rio Avia"
A unhos dias da apertura da tempada de pesca, o Concelleiro Nacionalista, Luis Pérez Estévez "Ficol" ven de denunciar "a mortandade de troitas e outras especies no rio Avia" ao seu paso polo municipio de Leiro.
O representante do BNG na Corporación de Leiro amosa "publicamente o malestar pola gran cantidade de troitas mortas que están aparecendo no últimos dias no rio Avia ao seu paso por Leiro" e traslada esta preocupación tanto ao Alcalde de Leiro como tamén á Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica" para que invstiguen as causas desta alta mortandade e "a contaminación que a está provocando".
Luis Pérez "Ficol" recorda como "o Avia sempre foi un rio moi troiteiro, viñan pescadores de todos os lugares´, e agora dende fai xa unhos cantos anos atrás non se ve case ninguén, e asi Leiro tampouco pode ter ningún futuro turístico", suliña o concelleiro. Tamén pon de manifesto que leva denunciando "esta problemática desde moitos anos atrás, pero nunca se me fixo caso".