O BNG demanda obras de reparación no edificio do auditorio municipal, afirma que o estado de deterioro é un perigo para os usuarios do conservatorio.
A voceira municipal do BNG no concello do Carballiño, Sofía García, ven denunciando desde hai xa dous anos ante o concello a situación na que se atopa o edificio do conservatorio municipal do Carballiño e o perigo que supón para os nenos e nenas.
Tal como indica a voceira nacionalista “ hai lousas en diferentes caras do edificio que caeron e outras están ao caer, tamén hai fiestras rotas nas aulas, e é evidente que é moi perigoso sobre todo para os máis cativos”.
Levamos denunciando esta situación ante o concello , dí García, desde hai dous anos e a resposta dos responsables municipais sempre é a mesma, “que xa van comezar as obras”, porén as obras non comezan e a situación continúa agravándose cun deterioro cada vez máis evidente.
Desde o grupo municipal do BNG do Carballiño esiximos a reparación do conservatorio municipal por constituír unha situación de perigo inminente que non se pode consentir.